A tía de María é médica, e despois de falar con ela ofreceuse a vir a nosa clase para achegarnos un pouquiño máis á súa profesión e deste xeito desbotar para sempre o medo ao médico. Ensinounos un maletín cheo de aparellos e artiluxios que non coñecíamos e que empregan a cotío no centro de saúde. Tamén nos fixo unha demostración de como nos poñen as inxeccións, como averiguan a cantidade de osíxeno en sangue, como se mira a tensión,...foi unha visita moi ilustrativa e unha gran axuda para o noso proxecto, ¡gracias pola túa presenza e ata sempre!
Estas clases si que molan. Apréndese máis que nos libros, e on se esquece.Biquiños.
ResponderEliminar