Este ano tivemos dous días celebracións o primeiro día viñeron disfrazados todos os nenos/as de Educación Infantil das súas casas segundo as súas propias preferencias, ao día seguinte todo o colexio se disfrazou de hippies ¡estábamos guapísimos!. Realizáronse catro obradoiros de plástica, de maquillaxe, de baile e de xogos. Logo no pavillón tivo lugar a entrega dos premios das cartas de San Valentín, foi un día moi completo pero moi divertido. A continuación vos amoso unha serie de fotos desta celebración:
lunes, 15 de febrero de 2010
martes, 9 de febrero de 2010
VISÍTANOS UNHA MÉDICA
A tía de María é médica, e despois de falar con ela ofreceuse a vir a nosa clase para achegarnos un pouquiño máis á súa profesión e deste xeito desbotar para sempre o medo ao médico. Ensinounos un maletín cheo de aparellos e artiluxios que non coñecíamos e que empregan a cotío no centro de saúde. Tamén nos fixo unha demostración de como nos poñen as inxeccións, como averiguan a cantidade de osíxeno en sangue, como se mira a tensión,...foi unha visita moi ilustrativa e unha gran axuda para o noso proxecto, ¡gracias pola túa presenza e ata sempre!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)