Despois da reunión que tivemos os membros de A.M.A. acordamos plantar froitos de Outono (noces, castañas,...). Aproveitando que en Infantil estábamos co proxecto das árbores da miña casa e xa que os nenos/as trouxeron a clase un montón de distintas especies, finalmente escollimos as abelás por ser unha das que presentan maior dificultade para atopalas. Gracias a todos os pais/nais que colaboran con nosoutros e fan do proxecto unha realidade. ¡Esperemos que broten as sementes! para poder levalas ao Bañal e deixar alí unha pequena pegada do noso traballo.
Xa vexo que ides mellorando moito e que cada día utilizades máis recursos para poñer este blog ben bonito.
ResponderEliminar