martes, 29 de diciembre de 2009

O TREN DE MARTIÑO

A miña máis grande felicitación para todos os actores e protagonistas do festival porque fixeron unha actuación estelar. Os nenos de 3 e 5 anos representamos o conto de Cando Martiño tiña gañas de mexar na noite de reis, imosvos amosar unhas cantas fotos da nosa actuación ¡que disfrutedes tanto coma nós!

Actuación do alumnado de Infantil - 3 e 5 anos from CPI Monte Caxado on Vimeo.


lunes, 21 de diciembre de 2009

NADAL 2009

Como é típico nestas datas adornamos o colexio, elaboramos un mural coa axuda dos compañeiros/as de Infantil e tamén coa colaboración dos nosos nais e pais fixemos unhos abetos chulíiiiiiisimos. ¡Fixádevos ben!


miércoles, 9 de diciembre de 2009

INVESTIGAMOS SOBRE O CORPO HUMANO

Como vades a poder observar, comenzamos a investigar sobre o todo o relacionado co Corpo Humano para iso primeiro tivemos que buscar información en libros, enciclopedias, DVDs, láminas, fichas,... e como non, tamén en internet. Para esta laboura contamos coa axuda unha vez máis de nais e pais voluntariosos que fan a tarefa máis doada, ¡gracias por colaborar!

jueves, 26 de noviembre de 2009

PLANTAMOS ABELÁS

Despois da reunión que tivemos os membros de A.M.A. acordamos plantar froitos de Outono (noces, castañas,...). Aproveitando que en Infantil estábamos co proxecto das árbores da miña casa e xa que os nenos/as trouxeron a clase un montón de distintas especies, finalmente escollimos as abelás por ser unha das que presentan maior dificultade para atopalas. Gracias a todos os pais/nais que colaboran con nosoutros e fan do proxecto unha realidade. ¡Esperemos que broten as sementes! para poder levalas ao Bañal e deixar alí unha pequena pegada do noso traballo.

viernes, 20 de noviembre de 2009

O CUMPLEANOS DE MARÍA, CARLA E CLARA

Este é o primeiro cumpleanos dos nenos/as de cinco anos, ¡pasámolo xenial!, fixemos unha tarta de froitas, tona e biscoitos. Houbo moitas sorpresas coma unha piñata chea de xoguetes e caramelos, xogos e ademáis contamos coa axuda das nais para que todo saíra moi ben.

domingo, 15 de noviembre de 2009

OS FUNGOS

Para a participación no concurso de micoloxía empregamos plastilina fundamentalmente, así coma froitos, follas que os nenos/as e pais/nais nos achegaron a aula para a elaboración do proxecto do outono. Despois de varios días de traballo este foi o resultado, ¡esperamos que vos guste!

miércoles, 4 de noviembre de 2009

BENVIDA DA CLASE DO POLO PEPE






A clase dos nenos de cinco anos vos damos a benvida ao estreno do blog. Acordamos entre todos poñerlle o nome do Polo Pepe xa que foi o primeiro conto co que empezamos a traballar e ademáis ven de vez en cando a facernos unha pequena visita a nosa aula.