jueves, 28 de octubre de 2021

SAMAÍN

 Durante esta semana traballamos o SAMAÍN en relación ao Corpo Humano e concretamente en relación ao noso Sistema Óseo ou esqueleto e que mellor película que COCO para inspirar as nosas creacións .

Movendo o esqueleto aprendemos os nomes dos osos do noso corpo e centrándonos na nosa cariña e concretamente no noso cráneo elaboramos estas CATRINAS tan chulis. A ver se nos coñecedes...




martes, 19 de octubre de 2021

COIDADOS DE BEBÉS



Os bebés necesitan moitos coidados e dedicación e dende logo invanden todo o noso espacio físico.

Primeiro espímolos para facerlle unhos masaxes relaxantes e terapeúticos con aceite de améndoas. A continuación bañámolos, limpámolles o cuíño con toalliña húmida (ainda que non covén abusar) e logo puxémoslle os cueiros e vestímolos.
Unha vez vestidos alimentámolos (con bibe ou papilla) e poñémolos a eructar para que non collan gases. Curioso que ningún e ningunha optou pola lactancia materna.


Por todos é sabido o duro que é pasar as noites sen durmir e moitas veces adormecemos antes que os nosos bebés.
Poñer os cueiros require técnica e entrenemento. E nós fixémolo xenial!!

Que quentiños están coas nosas mantiñas!!!
Ás veces require o uso de moitas toalliñas xa que fan moitas caquiñas.















Hai que recoñecer que son ben boiños despois do bibes quedaron totalmente adormecidos,  non choraron nadiña en toda mañá.







Pasámolo XENIAL, SOMOS UNHOS PADRAZOS E UNHAS MADRAZAS!!!

 

FOTOS BEBÉS

 Estivemos mirando as nosas fotos tan bonitiñas e tenras de cando eramos pequechiños. Tamén ecografías na barriguita das nosas mamás. PERO QUE GUAPÍSIMOS SOMOS!!!.