domingo, 26 de abril de 2020

OS TRES PORQUIÑOS

Ola peques e familia!! Subín tamén o seguinte pdf por si serve de axuda. Ides pensar que é moito material imprimible, pero é soamente por facilitarvos a recollida de fichas e que non teñades que facer tantos viaxes a libraría. 

OS TRES PORQUIÑOS. CANCIÓN

A MIÑA CÁPSULA DO TEMPO

Ola peques!! Deíxovos a vosa cápsula do tempo para que a gardades nun recunchiño da vosa casa, nunha caixa de zapatos, nun lugar recóndito que podades descubrir dentro dunhos aniños e rirvos e disfrutar das anécdotas que nesta actividade deixades recollido. Lembrar que todas as actividades son voluntarias a única finalidade é divertirse ao mesmo tempo que traballamos algunhas das aprendizaxes e habilidades iniciadas no cole.
https://drive.google.com/file/d/1QtoLDEXEEc5oPLN77KasR9EMrTWIAk-G/view?usp=sharing
PREME NA IMAXE, para acceder ao pdf.

viernes, 24 de abril de 2020

RECOPILATORIO DE CONTOS

PREME NA IMAXE E TERÁS ACCESO A FERMOSOS CONTOS

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO


Ola peques!! deixo unha imaxes simpáticas de cousiñas que fixemos no cole e cousiñas que fixemos noutros coles, o ano que ven argallaremos algo todos XUNTOS. Seguro que algún nen@ o coñecedes!!. Unha aperta enorme para vós e para este nen@s tan guapos.

AVENTURAS DOS MUÍÑOS NO DON QUIXOTE

DÍA DO LIBRO, CONMEMÓRASE A MORTE DE DON MIGUEL DE CERVANTES.

DÍA DO LIBRO. 23 DE ABRIL


martes, 21 de abril de 2020

CORREDOR DESAPROVEITADO

Ola peques!! Temos un circuito de psicomotricidade nas que podemos introducir variantes. Saltos por enriba do leite cos dous pés xuntos ou separados, desprazamento colocando os pés e as mans correctamente enriba e se nos equivocamos voltamos a comezar. Require coordinación pero tamén concentración. Reptamos en zig-zag polo medio das botellas de  auga, salto lateral por enriba dos rolos de papel hixiénico...calquera opción que se vos ocurra é perfectamente válida.




NOTA INFORMATIVA

Ola familias!!! De acordo co que se publicou na web do cole, tedes a posibilidade de recoller todo o material impreso de forma totalmente gratuita nas librarías:

Carlín: 982 510371
Andel: 982 511422 
Pergamino: 982 511302

Primeiro deberedes contactar conmigo para decirme que é o que vos interesa imprimir de todo o que fun subindo ao blogue durante este periodo de estancia na casa, e eu xa envío a libraría o que vos interese recoller, simplemente dicindo OLIVA E O NOME DO NENA OU NENO. Insistir novamente en que son actividades voluntarias que non inclúen contidos novos e esperemos que prontiño esteamos de volta para reforzalos todos xuntos no cole.

Unha aperta

sábado, 18 de abril de 2020

PROXECTO A CASA

Ola peques!! Deíxovos o seguinte material imprimible e voluntario, tan sinxelo que non é preciso imprimir para os que teñades dificultades. Este mes de abril xa o tedes ocupadísimo, todo o que subo o blogue e para ir facendo con calma si realmente vos apetece, vos gusta ou vos acaece ben nese momento. Preme na imaxe para descargar o pdf.


viernes, 17 de abril de 2020

OS TRES PORQUIÑOS

FICHAS DE NÚMEROS

Podedes descargar a seguintes fichas de números (voluntarias) nos seguintes dous pdfs, preme na imaxe.


Grafía do número do 1 ao 5.


CASIÑA DE CARTÓN

Deixo algunhas ideas por si vos apetece facer umha casiña de cartón o con rolo de papel hixiénico cos peques.






jueves, 16 de abril de 2020

PARTES DA CASA










Deíxovos esta fichas (voluntarias) por si queredes imprimilas, sinto non subir un pdf pero me distorsionaba a imaxe, tedes que darlle a gardar como...e logo no lugar que a gardáchedes imprimila a tamaño completo. Son actividades de identificación de obxetos, clasificación e recortado ou picado como prefirades.
 
 



OBXETOS DA CASA

Os que teñades dificultades para imprimir, nos vos preocupedes, propoño un xogo no que mesturamos diferentes cousas que podemos atopar na casa nas distintas estancias. A medida que recollen teñen que ir nomeando os obxetos e situándoo no lugar correcto. Eu a maiores cronometrei o tempo o que permite tamén traballar a lóxica-matemática.

LOS TRES CERDITOS

viernes, 10 de abril de 2020

ABN II

En vistas de que teremos unha segunda longa quincena deixovos o seguinte pdf con actividades lúdicas e que pertence a mestra e formadora en ABN Mar Quirell. Non tedes que imprimir nada soamente son cancións e xogos con materiais que todos temos na casa.

PROXECTO CASA

Deixo un archivo pdf por si queredes descargalo para facer algunha fichiña en relación coa realidade que os nenos teñen  máis próxima que é a súa casiña. Preme na imaxe.


jueves, 9 de abril de 2020

CIENTÍFICO NA COCIÑA

Traballamos as mezclas ou solucións, que cousas se mezclan coa agua e cales non? a bebida de cola, o sal, o aceite, o azucre,...






 A nosa plastilina ecolóxica.






 Un pompero acabado podemos enchelo con Fairy e mel en proporcións similares.

sábado, 4 de abril de 2020

CIENTÍFICOS NA COCIÑA

Ola científicos!! xa que non puidemos seguir coas nosas hipóteses nin experimentos no cole, seremos científicos na cociña. A continuación vos presento unhos cantos experimentos moi sínxelos que podedes facer na casa, ao traballar con medidas continuamos traballando a lóxica-matemática.

PLASTILINA ECOLÓXICA, soamente precisamos fariña, sal e auga ata facer unha masa modelable.

GOMINOLAS SAUDABLES, podemos aproveitar os ocos dos mini queixiños frescos para enchelos de xelatina feita na casa.

SAL DE CORES: con tizas de cores e sal dámolles cor que logo podemos facer mezclas e teorizar sobre que cores resultaran.

TENSIÓN SUPERFICIAL: nun prato botamos auga con pimenta por riba, podemos romper esa tensión superficial cando mollamos un dedo en Fairy e observamos como a pimenta se desplaza.

VINAGRE E BICARBONATO: Nun primeiro experimento podemos facer un volcán en erupción, botando vinagre nun bote estreito e por riba bicarbonato ata que empeza a erupcionar.

Nun segundo experimento vertemos vinagre, e bicarbonato nunha botella e tapámola cun globo e observamos que ocorre.

Iremos subindo as fotos máis científicas ao blogue, non perdades detalle!!

BAÑO DESAPROVEITADO

Podemos aproveitar o momento do baño para traballar ABN ou simplemente disfrutar.

Collemos os tapóns de plástico e lles poñemos números con rotulador permanente e cunha pinza podemos pescalos na auga. Papá ou mamá vannos dicindo cal temos que ir collendo e seguro que acertamos!!. 

A continuación, podemos coller tantos tampóns azuis como indica o tapón branco.




GALERÍA DE ARTE

Para que papá e a mamá non teñan que limpar os azulexos da cociña podemos crear unha GALERÍA DE ARTE cos nosos debuxiños. 

CORREDOR DESAPROVEITADO

Ola peques!! máis días sin cole...pero non vos preocupedes imos pensar en actividades para facer un maior aproveitamento das estancias da nosa casiña. E imos ver que no noso fogar se está XENIAL!!!, ainda que botemos moito de menos as nosas rutinas anteriores, aos nosos amigos, aos nosos primos, avós,... PRONTIÑO VOLTAREMOS A BICARNOS, DARNOS UNHAS FORTES APERTAS E A XOGAR TODOS XUNTOS. 

Os que temos un corredor longo e con falta de uso podemos pensar en debuxar unha RAIOLA NO CHAN. Para que papá e mamá non se enfaden moito podemos coller cinta de carrocero ou cinta aislante,...que podemos decorar. Mirade que chuli nos quedou!!

Nosoutros que somos todavía pequeniños podemos saltar con dous pés e podemos ampliala ata o número 10. QUE VOS DIVIRTADES MOITO!!!





DE ELLOS APRENDÍ