miércoles, 27 de noviembre de 2019

VEN CONMIGO

Para conmemorar o Día da discapacidade os coles de Vilalba imos traballar a seguinte canción. É unha actividade promovida dende o cole Antonio Insua Bermúdez.

ARCIMBOLDO

Dentro do proxecto do PLAMBE de eliminación dos plásticos no cole. E enmarcado concretamente dentro do recuncho dos recursos naturais. Acordamos reproducir un dos cadros do pintor ARCIMBOLDO  coas vosas achegas de productos de outono. Mirade que guapísimos o meus nenos!!!




FESTIVAL DE NADAL

Comezan os preparativos para o festival de Nadal. Que estaremos argallando?








lunes, 25 de noviembre de 2019

CONTACONTOS





Unha ratiña de biblioteca se colou no noso cole!!. Foi moi divertido escoitar os seus contos baseados en valores como o amor, o compartir, o axudar os demáis,... MOITAS GRAZAS!!!

OBRADOIROS DE IGUALDADE

Dende a ANPA organizaron unha actividade pola igualdade de xénero. Estes obradoiros levounos a cabo Elena e Coral do gabinete de psicoloxía Mondo. Moitas grazas!!!

A través desta actividade intentaron transmitir que non existen xoguetes de nenos e de nenas. Que todos temos a mesma oportunidades de xogo.




ESPELLO, ESPELLIÑO MÁXICO

Espello, espelliño máxico como me sinto hoxe? Collemos un espello e debuxamos o noso autoretrato intentanto recrear o noso estado de ánimo. Pois sí que temos un espello máxico,,,reflexámonos todos SUPERFELICES.

O MONSTRO ENAMORADO

Cada día somos máis, moitas grazas por vir a visitarnos!!!

A MASCOTA VIAXEIRA

Que feitiña nos está quedando!!! Moitas grazas Iago e familia!! A nosa mascota da clase xa ten pernas para camiñar, andar, correr, bailar,...

lunes, 18 de noviembre de 2019

MAGOSTO

O venres pasado celebramos o Magosto e puidemos disfrutar dunhas saborosas castañas asadas e dunha música moi divertida amenizada polo profe Roge.







A MASCOTA VIAXEIRA E CLOE

A nosa mascota está quedándonos espectacular. Xa vai collendo moito xeitiño, MOITAS GRAZAS CLOE E FAMILIA. Mirade que chuli!!

RECANTO DA CALMA

O recanto da calma está cada día máis relaxante e fermoso e todo grazas as vosas aportacións. Botes da calma, acuario e un xogo no que temos atopar as moedas no medio de arroz verde. MOITÍSIMAS GRAZAS POLO VOSA GRAN COLABORACIÓN.


O OUTONO XA CHEGOU

O Outono chegou a nosa clase grazas as vosas aportacións. Realizamos bodegóns ao natural, manipulamos e experimentamos cos diferentes froitos a través da pintura e así observamos as diferentes texturas.


BODEGÓNS DE OUTONO

Fixemos os nosos bodegóns o máis reais posibles e para iso valémonos dos froitos recollidos coa axuda de papá e mamá.





miércoles, 13 de noviembre de 2019

XOGOS MATEMÁTICOS

Poñemos en marcha a maquinaria ABN. Esta es unha metodoloxía baseada na descomposición de números a través da cal os nen@s poden chegar un dominio do cálculo matemático dun xeito sorprendente.


Nosoutros aproveitaremos o noso recunchiño de recursos naturais para traballar series numéricas de dous elementos (castaña-noz,...pinareta, landra,...). Traballar subitización ata de 5 elementos (noces, castañas, landras,...), así coma para reforzar o conteo dos distintos froitos. 


 XOGO DOS OVOS,empregamos dados para ir enchendo os ocos



CARIÑAS SIMPÁTICAS 
 Asociamos o número á cantidade.




Realizamos series numéricas de dous elementos