martes, 18 de junio de 2019

lunes, 17 de junio de 2019

GRADUACIÓN

NORABOA a estes nenos de 5 anos que xa celebraron a súa graduación!!!. NORABOA tamén porque fixeron unhas actuacións brillantes que lles supuxo un gran esforzo e traballo de concentración e de coordinación. Demostraron unha vez máis que son unhos grandes artistas no escenario. 

Agradecer en primer lugar aos meus nen@s tantos detalles que tivechedes conmigo ao longo destes tres anos, que sin lugar a dúbida, recibín moitísimo máis do que puiden dar. GRAZAS por alegrarme as mañás ou enfandarme ao final delas. GRAZAS as familias polo voso saber estar, pola vosa axuda e colaboración incondicional. GRAZAS por entender e valorar o meu traballo. GRAZAS POR TANTOS AGRADECEMENTOS non merecidos. GRAZAS AS MIÑAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIRO porque somos un equipo con un compromiso claro en prol da educación. GRAZAS en especial a Belén polo traballo do montaxe das fotos da orla, a Elena que conseguiu que toda a música do vídeo se escoitase a perfección e a Roge que traballou un montón cos peques nas diferentes coreografías. 

Agora me despido non con un ADEUS, SENÓN CON UN ATA SEMPRE!!!!