jueves, 22 de noviembre de 2018

CHARLA DENTAL

A profe Marta deu unha charla sobre a importancia da hixiene e o coidado dental. Moitas grazas!!!


MAGOSTO

Ahí vai unha, ahí van dúas, castañas polo chan,...













viernes, 16 de noviembre de 2018

BIG BANG

No día adicado a astronomía reproducimos a orixe do universo, dos planetas, galaxias, nebulosas, estrelas e satélites. Cada un elexiu unha cor para elaborar os átomos e moléculas que deron lugar aos distintos elementos do espacio. Mirade o que pasou nos inicios, todo partiu dun punto ata e se foi expandindo como un globo. Tamén acabamos representando a gran explosión.















VISITA AO PLANETARIO

Aproveitamos a semana da ciencia para visitar de balde o planetario e o museo. Deíxovos algunhas fotos interesentantes.



















ABN

Continuamos meténdonos nesta innovadora metodoloxía para sumar, restar na recta numérica e para coñecer os amigos do 10.  A tabla do 100 traballámola a través do Bingo, resulta moi divertido. Neste trimestre centrarémonos máis na lóxica-matemática aproveitando que no cole se está levando a cabo un curso e grupo de traballo de ABN.





FOLLAS

Estamos preparando o Magosto, e para iso nos centramos nas follas de Outono de diferentes árbores que puidemos atopar no patio do cole ou que xa coñecemos con anterioridade. Quedaron simpáticas non si?