jueves, 31 de mayo de 2018

VOLCÁN EN ERUPCIÓN

Hoxe tivemos de invitados na nosa clase os nenos de 4B. Entre todos elaboramos un volcán como os que había na época dos dinosauros.E fixémolo ERUPCIONAR!!!.


miércoles, 30 de mayo de 2018

OS AMIGOS DO 10

Como xa estamos avanzando un montón na suma, imos dar un pasiño máis e dentro do método ABN estivemos onte familiarizándonos cos amigos 10. Este método favorece


a comprensión da descomposición do número 10 ou calquera número, pero nos imos pasiño a pasiño. De cantas maneiras o podemos formar, así coma nos iniciamos sin darnos conta tanto na suma como na resta.

MÉTODO ABN

PREME NA IMAXE.



Moi recomendable para empezar o xogo 1 e 2, os amigos do 10 e palilleando.

martes, 29 de mayo de 2018

ENSINÁRONNOS FRANCÉS

Os chicos do Instituto Basanta Silva de 1º de Bacharelato tiveron a gran xentileza de vir a xogar con nós e ensinarnos saúdos, cores, letras, números,... en Francés a través de xogos. Foi moi divertido, MOITAS GRAZAS!!!.


Xa que tiveron a amabilidade de vir ao noso cole, nosoutros correspondimos agasallándoos cun debuxo feito por nós por suposto, de dinosauros




lunes, 28 de mayo de 2018

A MÁQUINA DE SUMAR

Na nosa clase somos unhos expertos en crear as máquinas máis sofisticadas.

Algúns preferimos a máquina para as sumas e outros gústannos máis as regretas.



viernes, 25 de mayo de 2018

BOAS NOVAS

O dinosauro xa saíu do ovo!!!!
 Isaac atopou un corno de TRICERATOPS!!! que sorte!!!

jueves, 24 de mayo de 2018

APADRIÑAMENTO LECTOR

Hoxe estiveron o nen@s de segundo do Insua Bermúdez no noso cole e léronnos contos chulísimos. Agasallámolos cun mural feito por nós e tamén eles nos deixaron outro de recordo.



















MÉTODO ABN

Traballamos a descomposición do número 23 porque é o día de hoxe. Para iso empregamos paliños e temos que construir o maior número de decenas posible, cantas unidades quedan soltas? Cantas unidades forma unha decena? 





TRICERATOPS

Os triceratops ainda andan polo cole!!!

miércoles, 23 de mayo de 2018

CONTINUAMOS ACHEGANDO MATERIAIS

Sin lugar a dúbidas este é o proxecto máis prolífico. Non paramos de achegar información. MOITAS GRAZAS!!!!

 Os paleontólogos insisten en seguir excavando a diario. 
  Comeza a percibirse a silueta dun resto fósil.

CONTO COA MAMÁ DE MANUEL


A mamá de Manuel veunos ler un conto chulísimo sobre o Cociñeiro Martiño, e con tan boa sorte que puidemos coñecelo de preto, xunto ao coelliño. Non volo perdades!! 



OVOS DE DINOSAURIO

Como sabemos os dinosaurios son ovíparos, entón hoxe elaboramos ovos xigantescos.

Aroha tamén nos trouxo un ovo de dinosaurio real. Metémolo en auga e esperaremos a ver que dinosauro sae.
 Comezou a romper. 


martes, 22 de mayo de 2018

EXCAVACIÓN

Aroha trouxo un cachiño dunha pedra onde temos que excavar tódolos días un pouquiño, na hora da asamblea (o maquinista), para descubrir con moito coidado que resto fósil esconde.