viernes, 27 de abril de 2018
jueves, 26 de abril de 2018
EXCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA
Os nosos paleontólogos fixeron primeiro unha prospección do terreo e a continuación iniciaron a excavación en busca de restos fósiles. MIRADE O QUE ATOPARON!!!.
EXPOSICIÓN NO AUDITORIO
Os nen@s de 4 e5 anos fumos observar unha exposición de fotos impresionantes de insectos, aves, en xeral, animaliños do bosque. Gustoúnos moito!!
VISITA A BIBLIOTECA
Con motivo do día do libro visítamos a biblioteca e coma sorpresa tíñamos a presencia dunha contacontos moi divertida, que nos narrou, xogou e teatralizou o conto dos Avós a través de títeres.
lunes, 23 de abril de 2018
viernes, 20 de abril de 2018
OSOS DE DINOSAURO
Na sesión adicada a ciencia e en concreto a Paleontoloxía, fixemos osos de dinosauros con dous vasos de fariña, un de sal e unha pouca auga. Deixamos secar ao aire libre durante un día e logo metímolos ao forno. O próximo día os paleontólogos montaran o esqueleto.
INFORMACIÓN
Estamos achegando un montón de materiais interesantes para comezar a investigar sobre a orixe, características,...dos dinosauros. MOITAS GRAZAS!!!!
martes, 17 de abril de 2018
MÉTODO ABN
Para traballar as decenas e as unidades ademáis da táboa do 100, empregamos a diario paliños que nos axudan a entender estes conceptos.
LUNNIS DE LEYENDA
PREME NA IMAXE PARA ESCOITAR CANCIÓNS E VÍDEOS RELACIONADAS CON DON MIGUEL DE CERVANTES E DON QUIXOTE DA MANCHA.
viernes, 13 de abril de 2018
XIRASOIS E PETUNIAS
Despois de pintar un cadro utilizando como lenzo unha botella de leite decidimos prantar nela, Xirasois e Petunias.
PRANTAMOS XACINTOS
Dentro das diferentes formas de prantar eleximos Xacintos para prantar en botas, zapatos e zapatillas, ...mirade que chulos!!!
jueves, 12 de abril de 2018
TRABALLAMOS O BARRO
Existen diferentes maneiras de modelar e diferentes materiais, entre eles o barro que nos permite descubrir diferentes sensacións e texturas.
REGRETAS
Neste trimestre estamos moi centrados na regretas que nos permiten facer sumas e descompoñer os números, para que non nos quedase ningunha dubida e aprendelas xenial decidimos pisotealas a diario.
AIRES DE PRIMAVERA
Son aires de primavera e temos alegría no corazón e imos demostralos sentindo o vento a través da pintura. O xogo consistía e pintar o entorno sin tocar coas mans ao folio, só co pincel e así xurdiron unhos cadros fermosísimos,
lunes, 9 de abril de 2018
PEMENTOS E TOMATES
A mamá de Diego trouxo unhas plantiñas de tomates e pementos para transplantar, agora a coidalas para que nos den unhos saborosos pementos e tomates. MOITAS GRAZAS!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)