Nesta semana adicada as árbores e a auga a diputación de Lugo agasalloúnos cun fermoso conto que quixemos traballar no cole.
lunes, 26 de marzo de 2018
jueves, 22 de marzo de 2018
DÍA DA ÁRBORE 23 DE MARZO
En vista as previsións de que puidese chover, adiantamos o día da árbore para prantar unha Maciñeira, botamos esterco de cabalo e cubrimos a froitera de terra e agora a coidala para que no Outono teñamos unhas saborosas mazás.
COCIÑAMOS FLORES E CUMPLE DE MANUEL
No obradoiro de cociña do segundo trimestre COCIÑAMOS FLORES!!!. Unha receita moi vistosa pero sobretodo moi saborosa...Precisamos hoxaldres e Nutella e para refrescar o paladar unha deliciosa limoada. Ademáis tivemos a oportunidade de celebrar o quinto cumple de Manuel PARABÉNS!!!! e a disfrutar deste día tan especial.
E celebramos o aniversario de Manuel por todo o grande.
Etiquetas:
aniversarios,
cociña.,
proxecto o bosque
miércoles, 21 de marzo de 2018
CONTEO
Para iniciarnos no método ABN e familiarizarnos con número do 10 ao 20 levamos a cabo o conteo con tapóns.
O POTATO PELUDO
Dentro das diferentes formas de plantar temos a posibilidade de utilizar unha media, céspede e terra para crear un POTATO PELUDO (por proposta dos nen@s). Iremos vendo que ocorre!!!
O BOTÁNICO LUCAS
Os nosos botánicos non descansan na tarefa de experimentar coas flores, e agora tamén coa semente dun aguacate. O noso experto Lucas trouxo a clase un aguacate, un bote transparente e paliños. Díxonos que tiñamos que facer pero aínda que él sabe o que vai ocorrer,
quere esperar o tempo pertinente para fagamos unha observación exhaustiva e descubramos por nós mesmos o resultado.
Estaremos moi pendentes é a ver que ocorre...
FLORES DE CORES
A mesma flor que trouxo Aroha con tintes azuis, despois de varios días nun bote de rotuladores morados con auga, observade o resultado. Finalmente podemos afirmar a través da experimentación que as plantas absorven a auga que distribúen a través do talo polas follas e as flores.
sábado, 17 de marzo de 2018
SESIÓN DE COSMÉTICA
A través da masaxe con auga de rosas ou de camelias nos relaxamos pero tamén recordamos as partes da cariña.
PINARETAS E LENTELLAS
Onte eleximos outra forma de prantar e tamén de traballar a motricidade fina dun xeito moi divertido. Insertamos lentellas dentro das pinaretas e agora toca esperar, regar e coidar ata que medren.
EXPERIMENTO COA FLORES
Aroha na súa casa fixo un experimento para averiguar si as plantas necesitan auga ou non para alimentarse, a conclusión que chegou e que sí necesitan a auga para alimentarse. Nosoutros metimos a mesma flor azul (anteriormente branca) en auga morada tintada por rotuladores vellos, e esperaremos a ver que ocorre?
jueves, 15 de marzo de 2018
CAMPO DE PAPOULAS DE VAN GOHG
Se corroborades co orixinal non ides saber cal e cal, seguimos a mesma técnica que os postimpresionistas, o punteado. A creatividade e a interpretación que fan os nen@s da pintura ou calquera obra de arte é moi importante respetala e potenciala. A miña sorpresa foi cando comezamos coa poesía, pareados, a facilidade que temos para rimar.
CONTINÚAN AS ACHEGAS DE MATERIAIS
Que marabilla canto traballamos na casa!!! .
Ata reproducimos fidedignamente un Van Gohg, Noraboa por estar tan atentiño!!!
COMEZAMOS A PRANTAR
No seguinte experimento, con auga e algodón, imos comprobar que ocorre coas lentellas que medran coa luz solar frente as que están agochadas nun armario sen ningún tipo de claridade. Comprobaremos a importancia que ten a luz solar nas plantas.
miércoles, 14 de marzo de 2018
OS SENTIDOS
A profe Belén tivo a idea xenial de elaborar un lapbook para traballar os sentidos. Mirade que chulo!!
CONTO COS PAPÁS DE YAGO
Onte os papás de Yago viñeron a lernos o conto dos tres porquiños e os sete cabritiños. Disfrutamos moito e grazas pola vosa colaboración.
martes, 13 de marzo de 2018
AUGA DE ROSAS
Na primeira sesión de Botánica estivemos de novo en contacto coas flores, puidemos tocalas, olfatealas,...
A continuación e dada a importancia de coidar o noso cutis elaboramos Auga de camelias.
A continuación probamos e masaxeamos a cara con auga de camelias, quedounos suave e esplendorosa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)