martes, 31 de octubre de 2017

A BRUXA REGAÑADENTES

A CARROZA DA CINCENTA

A carroza está diseñada para unha cincenta futurista, moderna e moi confortable.

UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

Botádevos a tremer, o monstros xa están aquí...

CABAZA, CABACIÑA

Rodando, rodando as cabaciñas ao cole foron chegando...



viernes, 27 de octubre de 2017

GALLETIÑAS DE MANTEIGA MONSTRUOSAS

Hoxe coas axuda das mamás fixemos unhas galletiñas de manteiga exquisitas, pois todo o que fan os nen@s sempre é marabilloso e así llo debemos de recoñecer. Moitas grazas pola vosa boa disposición e colaboración!!!!. Os obradoiros de cociña permítennos traballar moitos contidos que son fundamentais dentro dos obxetivos de Infantil. Abordamos a lectoescritura, a lóxica-matemática, a prensión, melloramos a motricidade fina,...anímovos a seguir practicando na casa.

VISÍTANOS UNHA FARMACEÚTICA

A mamá de Mauro ademáis de profe tamén é farmaceútica. Trouxonos unha farmacia a escola e ademáis deunos unha charla moi amena e didáctica sobre cal que é a función das Farmacias, que productos se dispensan, como se toman os medicamentos,...Moitas grazas Marta!!!




A ESCOLA DO TERROR

As pantasmas, vampiros, morcegos, momias, bruxas,... asoman polas ventaíñas. QUE MEDO!!!

lunes, 23 de octubre de 2017

domingo, 22 de octubre de 2017

EXPERIMENTAMOS COA DIXESTIÓN

En primeiro lugar, elaboramos o bolo alimenticio con unha galleta.






A continuación reproducimos a elaboración do bolo alimenticio na "boca" con plastilina.




A continuación o bolo alimenticio pasa ao esófago e de aquí  ao estómago a onde van a parar moitos xugos gástricos que axudan na dixestión.




O noso aparato dixestivo mide en total 11 metros de lonxitude, collemos deitados todos os nen@s que estabamos na clase!!!


O ESCÁNER

Coa axuda do escáner observamos o aparato dixestivo de Lucas. 



miércoles, 18 de octubre de 2017

O SAMAÍN XA ESTÁ AQUÍ


Estades preparados para visitar a escola do terror!!!

lunes, 16 de octubre de 2017

O XOGO DO INTESTINO

Como xogo e como traballo de lóxica-matemática collimos un metro e medimos o longo que era o intestino delgado, sete metros!!!. Puidemos medilo a saltos, a pasos, deitados correspóndese con sete nen@s. Despois fixemos o intestino en plastilina e tamén o fumos medindo a medida que ía estirando.








O TRAGANÚMEROS

En relación a dixestión e a hixiene buco-dental elaboramos un traganúmeros que nos vai servir para traballar o conteo de tapóns, así coma a identificación da grafía do números ata 20 ( tantos como dentes de leite temos).

jueves, 5 de octubre de 2017

ODONTÓLOGOS

Nesta xornada fumos odontólogos, non podería ser doutra maneira, xa que levamos toda a semana traballando a hixiene bucodental. O experimento de hoxe tivemos que facelo en dous días. 

O primeiro día metimos cáscaras de ovo en auga, vinagre e coca-cola. Elaboramos a nosas hipóteses e deixamos que o tempo corrobore ou non as teorías do que vai ocorrer coas mesmas.













Nesta xornada observamos o que ocorreu coas cáscaras que se meteron na auga e coas que se meteron na coca-cola.

As da coca-cola apareceron manchadas.

 As da auga non lles pasou nada.


En consecuencia, que lles pasará aos nosos dentes se non os limpamos correctamente despois de comer alimentos con moito contido en azucre....

SOLUCIÓN:






Para rematar a xornada pintamos unhos dentes limpos e sanos. 








martes, 3 de octubre de 2017

SORRISO PROFIDÉN

Despois de mirarse ao espello cada quen quixo reflexar a través do debuxo o seu mellor sorriso.


O ESQUELETO

Para rematar co esqueleto Isaac tivo que facer a proba no Escáner e este é o resultado. Ten un osos fortes e moi sanos!!!