jueves, 30 de marzo de 2017

CONTO COA MAMÁ DE MAURO

Marta e Mauro contáronos e representaron un conto chulísimo dun lobo que quería cambiar de cor, pois non estaba contento coa súa. A ensinanza que tramiste é moi importante, e é que temos que aceptarnos tal e como somos.

Fixérono xenial!!! e como dixo Mauro moitas grazas por vir. 

A NOSA CLASE, O FONDO DO MAR

Moitas grazas as familias pola vosa implicación. 









ESPIRAIS

A  través da natureza podemos traballar todas as formas xeométricas, coas Minchas ou Caramuxos descubrimos a espiral e reproducímola.


 Maruja Mallo deixounos no seu legado un cadro no que a espiral nos recorda a unha caracola.



miércoles, 29 de marzo de 2017

O MAR CON JOAQUÍN SOROLLA

Joaquín Sorolla inspirou o noso inicio de proxecto mentras escoitamos o son relaxante do mar.


BÚSQUEDA DO TESOURO

Para rematar o proxecto fumos na procura do Tesouro. O Pirata Juanito deixounos o mapa co plano do cole.


No plano indicanos a saída na porta da entrada e que temos que dar 16 pasos.

A primeira pista atopámola detrás da papeleira.
Saíndo de aquí buscarás un verde oscuro onde descansar.

Agora buscarás un monstro mariño con dentes afiados.

Na rede que os piratas usan para pescar a última pista atoparás.
Se o tesouro queres atopar moito terás que cavar.






lunes, 27 de marzo de 2017

CONTO COA MAMÁ DE MANUEL

Paz e Manuel cociñaron xenial un conto titulado A mellor sopa do mundo, quedoulles boísimo. Moitas gracias!!! pola voso traballo e dende logo vosa presencia. 


ANIVERSARIO DE YAGO

FELICIDADES YAGO!!! Xa tes 4 aniños que disfrutes moitísimo dun día tan especial. 

sábado, 25 de marzo de 2017

DÍA DA ÁRBORE

O venres 24 de marzo celebramos o día da árbore, nosoutros plantamos maceiras, os nenos de 4 anos ameneiros e os de cinco anos unha árbore das máis antigas que se coñecen que é da época dos dinosaurios.



NEVOU NA CLASE

Por fin!!!! puidemos tocar a neve e experimentar con ela. Neste trimestre imos ter un contacto coa ciencia, o primeiro experimento que levamos a cabo foi conseguir crear NEVE. É un experimento moi sinxelo que podedes facer cos nenos na casa.

Baleiramos o contido dun cueiro lle botamos auga y este é o resultado.

miércoles, 22 de marzo de 2017

ANIVERSARIO DE MANUEL

PARABÉNS Manuel!! Espero que hoxe sexa un gran día. Que disfrutes moito!!!

martes, 21 de marzo de 2017

CONTO COA MAMÁ DE LUCAS

Susana e Lucas trouxeron un conto chulísimo o señor Ramón e a señora Ramona e ademáis traballaron moitísimo na casa para facer a casiña e os seus personaxes en miniatura. Fixérono xenial!!!

Moitas grazas polo voso bo facer e entusiasmo.



ANIVERSARIO DE ADAM

Que maiores os meus nenos!! Xa están cumplindo 4 aniños. PARABÉNS ADAM!!!


A PRIMAVERA CHEGOU

A primavera xa chegou e nos quixemos reflexar a través da pintura, collimos un ramiño de flores que logo debuxamos segundo a nosa representación.

 OBSERVADE COMO MEDRARON AS CASTAÑAS QUE PLANTAMOS NO OUTONO.