domingo, 27 de noviembre de 2016
UN CONTO DE OUTONO CON KANDINSKY
O noso conto xa está rematado e nestes días poderán levalo para a casa. Ademáis de traballar a Kandinsky, observamos o Outono e as fíguras xeométricas.
martes, 22 de noviembre de 2016
PLANTAMOS NOCES, CASTAÑAS E LANDRAS
Na semana do Magosto tamén plantamos castañas, noces ou landras segundo a preferencia persoal de cada neno.
lunes, 21 de noviembre de 2016
O SOL DE KANDINSKY
Xa nos queda pouquiño para rematar o proxecto de Kandinsky. Collimos un dos seus cadros caracterísitcos e falamos do que nos suxería e fumos montandoo con figuras xeométricas que coñecemos para finalmente debuxalo con ceras e con acuarelas feitas a partir de rotuladores.
domingo, 20 de noviembre de 2016
COROA DE CASTAÑA
A semana do Magosto non podía rematar sin facer unha castaña. Colocámonos por parellas para decorar a coroa de xeito que cada un pinta a do seu compañeiro. Quedáronnos chulísimas!!!
XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES
Este fin de semana asistín as XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES que se veñen realizando en Santiago dende hai uns anos. Este ano o lema é Bibliotecas territorios das artes.Todo este compromiso recorda a importancia da lectura dende a primeira infancia. Animádevos a visitar e facer uso das bibliotecas dos centros e dende logo as dos concellos, os vosos fillos volo agradecerán!!
A continuación deixo unhas cuantas imaxes significativas e simpáticas:
A continuación deixo unhas cuantas imaxes significativas e simpáticas:
miércoles, 16 de noviembre de 2016
MAGOSTO 2016
Menudo día máis divertido!! Hoxe Maite dramatizounos o conto da Árbore que non ten follas. Lucas de 4 anos recitou coa profe Carmela un poema de outono e cantamos cancións con Blanca, asamos castañas, que boas que estaban!!!.
lunes, 14 de noviembre de 2016
ANIVERSARIO DE AROHA
Parabéns!! a esta pequerrecha que acaba de cumplir 3 aniños. Espero que neste día tan especial haxas disfrutado moito con todos os amigos, e tamén cos papás, os avós,...
Tan solo me queda desexarche un:
Tan solo me queda desexarche un:
FROITOS CARNOSOS
Despois de probar froitos tan saborosos como a mazá, decidimos estampalos formando figuras xeométricas como o cadrado, o círculo e o triángulo.
viernes, 4 de noviembre de 2016
miércoles, 2 de noviembre de 2016
CLASIFICAMOS OS FROITOS DE OUTONO
Nestas fotos podedes observar como na asamblea falamos sobre os froitos de Outono e tamén os clasificamos en diferentes caixiñas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)