Pintamos as caras de esqueletos, bailamos, cantamos e escoitamos un conto terrorífico sobre A BRUXA BRUXILDA narrado pola profe Marisa.
lunes, 31 de octubre de 2016
CONTINUAMOS EXPERIMENTANDO COS FROITOS SECOS
Na seguinte actividade collimos noces, castañas e landras. Continuamos xogando coa experimentación de cores a través da súa estampación.
Coas noces abertas ao medio e as castañas estampámolas dándolle besitos ao papel. As landras fixémolas rodar creando caminiños. O resultado foi unha composición moi fermosa. Aquí tedes un adianto.
FROITOS DE OUTONO
En primer lugar agradecer a vosa colaboración xa que a aportación a este proxecto foi moi satisfactoria. Os nen@s achegaron a aula moitos froitos de Outono que puidemos degustar e que situamos no noso recunchiño outonal na entrada do cole. Falamos de que árbore proceden e como podemos consumilos.
lunes, 24 de octubre de 2016
O ESQUELETO
Esta semana imos celebrar o Samaín e comezamos as actividades pola elaboración dun esqueleto para o mural do exterior. Mirade que simpático!!!
viernes, 21 de octubre de 2016
AS PEGADAS
Como somos cans espías como Chase temos que contrastar e descubrir as diferencias das nosas pegadas con respeto ás da Patrulla Canina e dos cans en xeral.
viernes, 14 de octubre de 2016
miércoles, 12 de octubre de 2016
KANDINSKY E O OUTONO CHEGA Á CLASE DA PATRULLA CANINA
Kandinsky é un pintor ruso que traballa as fíguras xeométricas creando unhas composicións realmente fermosas e de moito colorido. Nosoutros partindo das cores do Outono e tomando como inspiración os seus cadros imos traballar dita estación e ademáis figuras xeométricas como o círculo, o cadrado e o triángulo.
En primeiro lugar buscamos pola clase círculos de todo tipo e logo estampámolos creando composicións que podemos titular: A árbore de outono. Outro cadro levará por título Os páxaros emigran. Este proxecto será traballado paralelamente ao da Patrulla Canina.
miércoles, 5 de octubre de 2016
ASAMBLEA
Para as referencias espacio-temporais tódolos días temos que facer a asamblea que leva asociada unha serie de rutinas. Entre elas está situar o día da semana, a data no noso calendario, pasar lista,...para os días da semana emprégamos o conto da Galiña triste que vai recollendo ovos de distintos cores. Cada día rompe o seu ovo e vemos que animaliño sae. Como estamos tan contentos de que nos acompañe durante toda a xornada lle adicamos unha canción.
UNHA VISITA MOI ESPECIAL
Hoxe visitounos na hora da asamblea Gusi, a cadeliña de Lucas. Quixo vir ao cole porque soubo que estabamos co proxecto do can e porque quería coñecer aos amiguit@s de Lucas e ver que cousas estaban facendo. Moitas gracias por vir, esperamos que o pasaras moi ben.
INFORMACIÓN SOBRE O PROXECTO
Os nen@s están comezando a achegar información sobre o proxecto, xa que é fundamental para alimentar a súa motivación. Moitas gracias pola vosa colaboración.
lunes, 3 de octubre de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)