martes, 20 de diciembre de 2016

FESTIVAL DE NADAL 2016

Nesta ocasión bailamos e dramatizamos esta panxoliña dos Calzoncillos de Papá Noel. Mirade que ben o fixemos!!!

BO NADAL

Os cociñeiros da Patrulla Canina deséxanvos un BO NADAL E UN FELIZ ANINOVO!!!!

lunes, 19 de diciembre de 2016

BISCOITO

Hoxe celebramos o cumple de Oliva, como entra nunha nova década moi comprometida, soamente puxemos catro velas para soprar. O importante é que o biscoito estaba boísimo!!!


ÁRBORE DE NADAL

Coa axuda dos amigos da outra clase elaboramos unha árbore de Nadal coas cores características do pintor traballado na clase, Kandinsky.

miércoles, 14 de diciembre de 2016

OS PEIXES DE NADAL

Noraboa! as familias por facer eses peixes tan chulos para a nosa árbore de Nadal. Moitas gracias pola vosa colaboración.

CANS LAZARILLO

Para rematar o proxecto da Patrulla Canina, convertímonos en ceguiños e cans lazarillo. É así aprendimos a valorar a importancia dalgúns cans na vida das persoas e o difícil que é desplazarse cando non contamos co sentido da vista.


sábado, 10 de diciembre de 2016

RODOLFO EL RENO

O APALPADOR

XA ME TARDAN ESTES MAGOS

GALLETIÑAS DE TONA

Nesta ocasión cociñamos unhas galletiñas con formas navideñas, estaban boísimas!!! 

ANIVERSARIO DE LUCAS

O máis pequerrecho da clase xa cumpliu 3 aniños. PARABÉNS Lucas!!!






martes, 6 de diciembre de 2016

O PAN DE KANDINSKY

Para enlazar o proxecto de Kandinsky co de Cociña no Nadal, cociñamos un pan inspirado no cadro dos círculos concéntricos.
                     


Image result for Color Study: Squares with Concentric Circles



jueves, 1 de diciembre de 2016

BOLA DE NADAL

Para relacionar o proxecto de Kandinsky co proxecto de Cociña no Nadal, baseado nos círculos concéntricos de seu cadro e escollendo platos de cartón, elaboramos unha bola navideña.


domingo, 27 de noviembre de 2016

UN CONTO DE OUTONO CON KANDINSKY

O noso conto xa está rematado e nestes días poderán levalo para a casa. Ademáis de traballar a Kandinsky, observamos o Outono e as fíguras xeométricas.

martes, 22 de noviembre de 2016

CONVIVENCIA

PLANTAMOS NOCES, CASTAÑAS E LANDRAS

Na semana do Magosto tamén plantamos castañas, noces ou landras segundo a preferencia persoal de cada neno.

TOLERANCIA

CONFLICTOS. NO PIERDAS LA PERSPECTIVA

BOUDIN

Para traballar a autoestima tamén deixo está pequena película.

PARTLY CLOUDY

Nesta semana da non violencia de xénero imos traballar o seguintes cortometraxe.

lunes, 21 de noviembre de 2016

O SOL DE KANDINSKY

Xa nos queda pouquiño para rematar o proxecto de Kandinsky. Collimos un dos seus cadros caracterísitcos e falamos do que nos suxería e fumos montandoo con figuras xeométricas que coñecemos para finalmente debuxalo con ceras e con acuarelas feitas a partir de rotuladores.



domingo, 20 de noviembre de 2016

COROA DE CASTAÑA

A semana do Magosto non podía rematar sin facer unha castaña. Colocámonos por parellas para decorar a coroa de xeito que cada un pinta a do seu compañeiro. Quedáronnos chulísimas!!!



XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este fin de semana asistín as XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES que se veñen realizando en Santiago dende hai uns anos. Este ano o lema é Bibliotecas territorios das artes.Todo este compromiso recorda a importancia da lectura dende a primeira infancia. Animádevos a visitar e facer uso das bibliotecas dos centros e dende logo as dos concellos, os vosos fillos volo agradecerán!! 

A continuación deixo unhas cuantas imaxes significativas e simpáticas:





miércoles, 16 de noviembre de 2016

MAGOSTO 2016

Menudo día máis divertido!! Hoxe Maite dramatizounos o conto da Árbore que non ten follas. Lucas de 4 anos recitou coa profe Carmela un poema de outono e cantamos cancións con Blanca, asamos castañas, que boas que estaban!!!.

lunes, 14 de noviembre de 2016

LA CASTAÑERA

A CASTAÑA QUE REBENTOU COA RISA

O RAP DO MAGOSTO

ANIVERSARIO DE AROHA

 Parabéns!! a esta pequerrecha que acaba de cumplir 3 aniños.  Espero que neste día tan especial haxas disfrutado moito con todos os amigos, e tamén cos papás, os avós,...
 Tan solo me queda desexarche un:





FROITOS CARNOSOS

Despois de probar froitos tan saborosos como a mazá, decidimos estampalos formando figuras xeométricas como o cadrado, o círculo e o triángulo.

miércoles, 2 de noviembre de 2016

CLASIFICAMOS OS FROITOS DE OUTONO

Nestas fotos podedes observar como na asamblea falamos sobre os froitos de Outono e tamén os clasificamos en diferentes caixiñas.

lunes, 31 de octubre de 2016

FESTIVAL DE SAMAÍN

Pintamos as caras de esqueletos, bailamos, cantamos e escoitamos un conto terrorífico sobre A BRUXA BRUXILDA narrado pola profe Marisa.


CONTINUAMOS EXPERIMENTANDO COS FROITOS SECOS

Na seguinte actividade collimos noces, castañas e landras. Continuamos xogando coa experimentación de cores a través da súa estampación.

Coas noces abertas ao medio e as castañas estampámolas dándolle besitos ao papel. As landras fixémolas rodar creando caminiños. O resultado foi unha composición moi fermosa. Aquí tedes un adianto.

FROITOS DE OUTONO

En primer lugar agradecer a vosa colaboración xa que a aportación a este proxecto foi moi satisfactoria. Os nen@s achegaron a aula moitos froitos de Outono que puidemos degustar e que situamos no noso recunchiño outonal na entrada do cole. Falamos de que árbore proceden e como podemos consumilos.

A NOSA CABAZA MARSHALL

AS CABAZAS

Mirade que cabazas máis chulas fixemos!!!

lunes, 24 de octubre de 2016

O ESQUELETO

Esta semana imos celebrar o Samaín e comezamos as actividades pola elaboración dun esqueleto para o mural do exterior. Mirade que simpático!!!


viernes, 21 de octubre de 2016

LA BRUJITA TAPITA

A BRUXA REGAÑADENTES

CORRE,CORRE CABACIÑA

Este é un dos contos preferidos dos nen@s e dende logo noso tamén.

O SAMAÍN CON MAMÁ CABRA

A DANZA DOS ESQUELETOS

O SAMAÍN CON PACO NOGUEIRAS

AS PEGADAS

Como somos cans espías como Chase temos que contrastar e descubrir as diferencias das nosas pegadas con respeto ás da Patrulla Canina e dos cans en xeral.


CONTINUAMOS O NOSO CONTO DE OUTONO CON KANDINSKY










Nun primeiro momento experimentamos coas cores do Outono para continuar dándolle forma.