jueves, 26 de diciembre de 2013

BANQUETE MEDIEVAL


Despois de ser invitados pola raíña todos os membros da corte asistiron coas súas mellores vestimentas ao banquete real.


REIS, PRINCESAS E DAMAS.


CABALEIROS

BUFÓNS


Primeiro convocouse a asamblea real para dar a coñecer o desenvolvemento da xornada.




Antes de celebrar o banquete tivemos que escribir o menú.









O menú dispoñía das mellores viandas; de primeiro cisne en salsa de plumas; de segundo corzo en salsa de castañas; de terceiro xabarín con guarnición e de postre froitos secos dos nosos bosques.


E para despedir esta xornada tan medieval tivo lugar un  baile real.


sábado, 21 de diciembre de 2013

FESTIVAL NADAL 2013

Os meus artistas preferidos que ben o fixeron!!! Bailaron, interpretaron e sobre todo pasámolo moi ben.

BO NADAL




A clase de 5 anos e a súa profe vos desexa unhas FELICES FESTAS E UN PRÓSPERO ANINOVO.

miércoles, 18 de diciembre de 2013

VISITAS A CASTELOS

Estos nenos foron de visita a castelos como o de Moeche, Vimianzo, San Antón,... e quixeron contarnos a súa experiencia.

ANIVERSARIO DE XOEL, SARA M., SARA P., CYNTHIA E ÉRIKA

Parabéns a estes pequerechos!!! que xa celebraron o seu 5º aniversario. Coa axuda das mamás elaboramos unhas pizzas que tiñan unha pinta deliciosa e un arrecendo moi apetitoso. Tamén na súas casas fixeron unhas magdalenas que estaban boísimas. Moitas gracias pola vosa colaboración.




O GUARDIÁN DA CLASE DAS TARTARUGAS

Continuamos co proxecto dos Castelos xa que todavía estamos ensimismados, e envoltos polo seu encanto. Nesta ocasión fixemos o garda do Castelo das tartarugas e ao Rei Artur.

martes, 10 de diciembre de 2013

A DENSIDADE DA AUGA

Nesta xornada científica estivemos establecendo hipóteses sobre a densidade da auga, e concretamente sobre que é máis densa que a auga a pataca, a mazá ou o ovo. Primeiro cortamos un cachiño de mazá e outro de pataca. Cal flota e cal se hunde? Fumos probándoa e comprobando si as nosas hipóteses eran as correctas. Tamén metimos un ovo na auga doce e observamos como se hundía, logo botámoslle sal a auga e e entón o ovo flotou. Descubrimos que a pataca é máis densa (flota) que a auga e a mazá menos (se hunde) e que a auga salgada ten máis densidade que ovo.

Para rematar a xornada intentamos pelar un ovo sin necesidade de partilo ou cocelo, a ver si averiguades como a partir das imaxes.

OS CABALEIROS

Despois de rematar o escudo cada un coa súa propia heráldica transformámonos en cabaleiros, con espada, escudo e ielmo.







domingo, 1 de diciembre de 2013

ESCRIBIMOS CON PLUMA

Na idade Media os escribáns eran os monxes, escribían con pluma en pergamino e elaboraban os códices que todavía hoxe se conservaban en mosteiros, catedrais, bibliotecas,...Nosoutros lles escribimos a carta aos reis Magos con verdadeiro arte, quedaron chulísimas.









MEDIMOS TORRES

Construímos maxestuosas torres que logo medimos e comprobamos que equipo foi capaz de fácela máis alta e máis sólida.