jueves, 28 de noviembre de 2013

OS ZAHORÍES

Nesta xornada transformámonos en zahoríes e propuxémonos como obxetivo ir na procura de auga dentro e fóra do colexio. Observado o método empregado.

CONSTRUÍMOS CASTELOS

Con distintas construccións intentamos elaborar o castelo máis maxestouso.

ESCUDO

Todo cabaleir@ que se prace precisa un escudo e nel leva impreso a heráldica da familia. A profe Angéles estivo moi atarefada personalizando cada un. Quedaron chulísimos!!!

FLOTACIÓN

Nun primeiro momento os científicos de 5 anos fixeron a súas hipóteses sobre a posibilidade de flotación dos distintos materiais. A continuación experimentaron e descubriron e se sorprederon cos distintos resultados.

OS CASTELOS

Comezamos a investigar sobre a Idade Media e concretamente sobre os castelos. Achegamos moita información a través de fermosos libros, fotografías, dvds, armadura de cabaleiro,...


viernes, 15 de noviembre de 2013

CUMPLE DE TEO, MANUEL, FERNÁN E XALO

Que maiores os meus nenos, xa cumpriron cinco aniños!!!!! Puidemos celebralo como todos os anos coas nais que viñeron a axudarnos a facer un biscoito. Tamén tivemos unhos grandes axudantes como Carlota e Xandre. Pasámolo moi ben!!! 




CASTELO

Co inicio dun novo proxecto temos pendente a divertida tarefa de convertir a clase nun castelo medieval.



martes, 12 de noviembre de 2013

EL PEQUEÑO REINO DE BEN Y HOLLY

MIKE EL CABALLERO

LITTLE EINSTEINS. EL CABALLERO BUENO Y EL CABALLERO MALO

ESCARCHA

Hoxe fixemos escarcha a partir de cubiños de xeo e máis sal, removemos moi forte e tachán...

  Observamos como as moléculas se xuntan ou se separan dependendo do estado sólido, líquido ou gaseoso no que se atopen.

  Nun primeiro momento os átomos están separados e logo teñen que xuntarse ata formar unha molécula de auga.

viernes, 1 de noviembre de 2013

A PESCAR

Nesta saída a pesar do frío puidemos disfrutar e divertirnos un montón dunha xornada de pesca moi proveitosa. Entre os dous cursos conseguimos pescar con caña 8 kilos de peixe, que despois degustamos nas nosas casas.


SAMAÍN

Mounstros, arañas, bruxas, vampiros e cabazas tiveron a valentía de ir a biblioteca a escoitar un conto de bruxa e realizar unha pocema fedorenta e noxenta.







COGUMELO XIGANTE

Para o concurso de micoloxía este ano elaboramos un cogumelo xigante feito con materiais de refugallo (cartón e papel de periódico). Non vos atrevades a probala!!!