jueves, 30 de mayo de 2013

VISITA A GRANXA ESCOLA DE BELELLE

Pasamos unha xornada moi divertida, participamos en obradoiros de equitación, horto, pan, coidado e observación de mamíferos e aves. O trato e a organización da granxa foi esquisita, os nen@s e as profes quedamos moi agradecidos.

LETRAS GALEGAS 2012

Veredes canto medramos dende o ano pasado, da gusto vernos!!!! Tan pequechiños e que ben fixemos a interpretación do poema O sono do Cuco novo, co que tamén gañamos o primeiro premio das Buliqueiras.

jueves, 23 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

As princesas e califas de 4 e 5 anos bailaron unha danza árabe e a verdade é que o fixeron xenial!!!. Son unhos grandes artistas!!!

miércoles, 15 de mayo de 2013

OS METEORITOS

Despois de investigar sobre os asteroides e os meteoritos, fumos ao patio a lanzar meteoritos e observar o cráter que deixaba na súa caída.

sábado, 11 de mayo de 2013

OS TEATREIROS

Con este traballo intentamos dar resposta ao que é o teatro. Para iso combinamos o arte (O grito e a desperación de Munch, A Mona Lisa e o beso de Klimt) , co medo, a fantasía da cincenta e o príncipe e a música e o baile. Con este traballo levamos o 1º Premio no Concurso das Boliqueiras. Noraboa a estes grandes artistas!!!


SUPERFICIE LUAR

Experimentamos e descubrimos a textura que tería a superficie luar.



AS CONSTELACIÓNS

Nesta sesión tan científica as estrelas formaron constelacións. Estudamos os nosos signos do zodiáco e observamos a súa constelación correspondente. Mirade que divertido.


domingo, 5 de mayo de 2013

AS FASES LUNARES

Despois de visualizar un vídeo, estivemos observando as fases lunares a través da caixa que elaboraron os nenos de cinco anos e a continuación reproducímolas coa axuda de galletas Oreo.