Hoxe celebramos no cole o Día da Paz. No pavillón todo o centro elaboramos unha pomba xigante con milleiros de tapóns, quedou moi fermosa e tamén cantamos cancións. A clase de 4 e 5 anos representamos na biblioteca unha obriña do conto Brancos e Negros. Agora veredes!!!
miércoles, 30 de enero de 2013
¡QUE LONGOS SON OS DINOSAURIOS!
Onte os paleontólogos estiveron medindo e marcando no corredor do cole o que mide, un Diplodocus, o Tiranosaurio Rex, o Estegosaurio, o Pteranodom, e o Triceratops.
Quedamos abraiados!!!!
UN DIPLODOCUS NO COLE
Estivemos elaborando un Diplodocus, pasámolo moi ben ainda que non soamente quedou verde o dinosaurio, as nosas mans, o pelo, a roupa,...o mancharnos forma parte dos nosos descubrimentos.
CREANDO UN HABITAT
Para entrar nun Parque Jurásico é preciso crear un habitat adecuado, e para iso temos os nenos de 4 e 5 anos que son unhos grandes expertos.
jueves, 24 de enero de 2013
A XAULA DE FARADAY
Nesta xornada tivemos unhos colaboradores moi especiais. Os nen@s de cuarto quixeron acompañarnos e poñer en práctica diferentes actividades relacionadas coa xaula de Faraday (aislamento frente as ondas electromagnéticas).
Nun primeiro contacto comprobamos como o meu móbil si o metíamos nunha bolsa de papel soaba perfectamente en cambio si o envolvíamos nun trozo de papel de aluminio non soaba, este facía a función de xaula de Faraday.
Cando mezclamos bicarbonato con limón prodúcese está reacción química.
Outro experimento coa xaula de Faraday ponse en práctica cando facemos unha burbulla dentro de outra e activamos o globo con electricidade estática. Observamos como a de fóra se move mentras que a de dentro permanece inmóvil.
A emisión de gas que se produce ao mezclar o bicarbonato máis o vinagre fai hinchar o globo.
Nun incendio o osíxeno está máis concentrado nas capas máis baixas.
Por iso cando poñemos tres velas de diferentes alturas e as tapamos cun recipiente a última en apagarse sempre é a máis pequena.
E xa por último creamos electricidade estática cun globo, atrapamos papeis, poñemos os pelos de punta,...
jueves, 17 de enero de 2013
OS PALEONTÓLOGOS E OS OVOS
Neste trimestre a xornada máis científica será adicada aos DINOSAURIOS, polo tanto como bos investigadores que somos convertirémonos en PALEONTÓLOGOS. Nesta sesión estivemos investigando de onde nacen os dinosaurios e polo tanto elaboramos unhos ovos de dinosaurio.
DECORAMOS O COLE
Nun primeiro momento temos como misión convertir o cole nun JURASIC PARK. Atrevédesvos a entrar nesta terrorífica e apaixoante aventura?
INVESTIGAMOS SOBRE OS DINOSAURIOS
miércoles, 16 de enero de 2013
martes, 8 de enero de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)