s
sábado, 22 de diciembre de 2012
VISITOUNOS O APALPADOR
Que sorpresa!! nós estabamos a celebrar a chegada do Nadal cos nenos de cinco anos, cando vimos entrar pola porta o APALPADOR. Apalpounos a barriguiña e deixounos unha castaña, nós como agradecemento agasallámolo cun debuxo e cunha cantiga que podedes escoitar nun dos vídeos seguintes ¡ NÓS PUXEMOS A LETRA A ESTA MÚSICA TAN FERMOSA!.
s
s
FESTIVAL DE NADAL 2012
Menudos actores e actrices temos na clase de 4 e 5 anos!!! Disfrutamos moito da súa simpatía e dunha interpretación xenial.
miércoles, 19 de diciembre de 2012
INVESTIGAMOS O CEREBRO
Nun primeiro momento descubrimos a función principal do cerebro.
A continuación observamos o cerebro dun porco que trouxo Noa da clase de 5 anos.
A continuación observamos o cerebro dun porco que trouxo Noa da clase de 5 anos.
sábado, 15 de diciembre de 2012
PLANTAMOS CASTAÑAS
O día adicado aos bosques autóctonos por proposta de A.M.A. decidimos ir ao viveiro do cole a plantar castañas. Logo as levamos ao invernadoiro coa esperanza de que medren e se convirtan en fortes e robustos castiñeiros.
martes, 11 de diciembre de 2012
sábado, 8 de diciembre de 2012
MOVENDO O ESQUELETE
Durante o quinto mes de embarazo averiguamos que se formaba o esquelete. E nosoutros como sempre tan marchosos decidimos mover oso por oso ao ritmo da música.
VISITA DA MAMÁ DE MANUEL
Estivemos vendo un powerpoint de cando Manuel era un bebé e Iria nos estivo contando que facía Manuel naquelas fotos. Moitas gracias pola túa disponibilidade!!!
jueves, 6 de diciembre de 2012
ANIVERSARIO DE ÉRIKA, CYNTHIA, FERNÁN, SARA P. E SARA M.
Os máis pequenos da clase xa teñen catro aniños. NORABOA!!! disfrutamos moito, tamén berramos moito, fixemos un biscoito que estaba boísimo,.... Foi unha pena que Érika enférmase o día do seu cumple, mandámosche un bico moi forte!!!! e que prontiño estes de volta no cole.
QUE CUIDADOS NECESITAN OS BEBÉS?
Despois de traballar o embarazo é preciso coñecer os cuidados que os bebés necesitan tralo nacement. E que mellor que unhas clases prácticas impartidas pola mamá de Manuel e a mamá de Xalo en compañía de Carlota e Emma. OS NENOS DE CATRO ANOS SOMOS TODOS UNHOS PADRAZOS E UNHAS MADRAZAS!!!
Cambiamos o pañal aos bebés, vestímolos, dímoslles o biberón, puxémolos a erutar e finalmente a durmir. Foi unha experiencia moi bonita e tamén moi divertida.
Cambiamos o pañal aos bebés, vestímolos, dímoslles o biberón, puxémolos a erutar e finalmente a durmir. Foi unha experiencia moi bonita e tamén moi divertida.
domingo, 2 de diciembre de 2012
O APARATO EXCRETOR
O aparato excretor é o encargado de eliminar os residuos líquidos do corpo. Nosoutros fixemos os nosos propios residuos a partir de diferentes mezclas. Logo os riles (filtros) encargados de limpar a sangue fixo a tarefa máis difícil. MIRADE OS DISTINTOS FILTROS!!
Finalmente a través de la uretra se expulsaron todos los líquidos retidos na vexiga.
sábado, 1 de diciembre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)