Continuando co traballo da poesía de Alvaro Cunqueiro, para o CONCURSO DE RECICLAXE organizado por A.M.A. elaboramos un simpático reloxo de Cuco.
miércoles, 25 de abril de 2012
CERTAME AS BOLIQUEIRAS
No V certame das Boliqueiras adicado a Alvaro Cunqueiro nosoutros acordamos preparar un fermosa poesía deste escritor mindoniense, leva por título O sono do Cuco Novo. Esperamos que vos guste.
lunes, 23 de abril de 2012
VINAGRE, BICARBONATO E LAVAVAIXELAS
Nesta xornada despois das vacacións comezamos un novo proxecto que leva por título científicos na cociña. No primeiro experimento comparamos como coa mesma cantidade de vinagre e botando distinto número de cullaradas de bicarbonato os globos que poñemos nos extremos dos botes se hinchaban máis o menos dependendo da cantidade desa sal. No segundo experimento poñendo un pouquiño de lavavaixelas na puntiña do dedo e botando pimenta por riba da auga, observamos como ao introducir o dedo esta se dispersaba.
DÍA DEL LIBRO
Hoxe celebramos o Día do libro, no que se conmemora a morte de Don Miguel de Cervantes, e que lugar máis axeitado que a biblioteca?. Dirixímonos os nen@s de tres e catro anos á procura de libros de Don Quixote da Mancha. Aproveitamos para ler o episodio dos muíños de vento e despois visualízalo nun vídeo.
miércoles, 18 de abril de 2012
miércoles, 4 de abril de 2012
VISITA AO LABORATORIO
O xoves día 23 de marzo os nen@s de Infantil visitamos o laboratorio. A profe de ciencias de Secundaria Carmen preparoúnos unha xornada de experimentos relacionados coa auga e co aire, ¡Pasámolo Xenial! moitas gracias por adicarnos este tempo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)