sábado, 29 de octubre de 2011

O SAMAÍN

Decoramos as cabazas, disfrazámonos terroríficamente e finalmente festexamos o Samaín na biblioteca. A profe Ángeles leunos un conto de medo O Bosque e coa profe Marita bailamos moitas cancións divertidas de mounstros, de esqueletes,... e coa Teacher Ángeles cantamos unha canción en Inglés. Pasámolo xenial!!!





O CAPARAZÓN

Quen leva a casiña ás costas?



O caparazón na súa parte externa está formado de moitos círculos.



jueves, 27 de octubre de 2011

CONCURSO DE MICOLOXÍA


Por fin, xa soamente quedan os últimos retoques.
E este foi o resultado:



martes, 25 de octubre de 2011

A TARTARUGA JORGE


Braulio non deixa de recibir visitas de amigiños, esta semana a mascota de Xoel, a tartaruga Jorge quixo vir a coñecelo de preto. Penso que se van levar moi ben!!

O SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Para a conmemoración do Samaín, Rosendo a mascota da Biblioteca, solicitou axuda aos nen@s, pais e nais para decorala terroríficamente e mirade que ¡pantasmas máis fermosos!, o caracol Rosendo seguro que vai estar moi orgulloso dos vosos traballos. ¡¡moitas gracias!!


O SAPOCONCHO

Despois de investigar, Sara Prieto descubriu unha especie de tartaruga que podemos atopar ao lado dos rios en Galicia chamada Sapoconcho, e non se nos ocorreu mellor idea que facer unha reproducción "casi exacta" cos envases dos ovos.




sábado, 22 de octubre de 2011

BRAULIO A NOSA MASCOTA


Preséntovos a nosa tartaruga Braulio, todavía non sabemos si é macho ou femia, xa que é un bebé, non ten nin un ano. Braulio vai ter a sorte de poder ir de visita os fins de semana e en vacacións as casas de tódolos nen@s da clase. Espero que se porte moi ben!!

CANCIÓN DE LOS NÚMEROS

jueves, 20 de octubre de 2011

A CANCIÓN DA TOUPIÑA

O CASAMENTO DA PULGA E O PIOLLO

A QUE SABE A LÚA

A CANCIÓN DA PRINCESA DO CAUREL

CANCIÓN PACO PAPÁN

CANCIÓN DO SAMAÍN

A CANCIÓN DOS ESQUELETES

A TARTARUGA LOLA


Esta semana temos unha nova visita, A tartaruga Lola que é a mascota de Alba quixo vir a coñecer a Braulio (a nosa mascota da clase) e a todos nós. Penso que Braulio está moi contento con esta ¡nova moza!.

lunes, 17 de octubre de 2011

CONCURSO DE MICOLOXÍA

O concello das Pontes organiza un concurso de Micoloxía no que participan os colexios realizando fermosos e elaborados traballos. Nos para non quedar rezagados comezamos a poñernos mans á obra para realizar un cogumelo xigante.





A NOGUEIRA

A Aula de Medio Ambiente do Montecaxado organiza o concurso do calendario no que se inclúen traballos realizados polos nen@s. Nosoutros temos que facer un traballo relacionado coa Nogueira. E que mellor que dirixirnos á procura de unha para poder coñecela de preto.


Tamén temos que incluir refráns ou ditos populares nos que a Nogueira esté presente.











miércoles, 12 de octubre de 2011

O NACEMENTO DAS TARTARUGAS MARIÑAS

TV Tamar - Capítulo 1: Desova e nascimento de tartarugas marinhas. from Projeto Tamar on Vimeo.

SOMOS TARTARUGAS

Como xa coñecemos máis cousas sobre as tartarugas decidimos comportarnos como elas:nos agochamos dentro do caparazón, desplazamos a catro patas,...eleximos ser distintos tipos de reptís, serpes, cocodrilos,...


CHARLA SOBRE TARTARUGAS

Javier o irmán de Sara Meizoso visitou a nosa clase para darnos unha charla moi interesante sobre as características xerais das Tartarugas e en particular sobre a súa tartaruga Tamara. Resultou moi amena xa que os nen@s coñeceron de que se alimentaba, e para sorpresa de todos descubrimos que comía de todo ata Xamón York.

Moitas gracias Javier e volve cando queiras!!


PROXECTO A TARTARUGA

Continuamos achegando información á clase!!!

Posted by Picasa

lunes, 3 de octubre de 2011

A TARTARUGA XIGANTE

Fixemos un mural dunha Tartaruga enorme, investigando atopamos datos de tartarugas que podían chegar a medir uns dous metros de altura, comparamos e medimos e este foi o resultado.


PROXECTO A TARTARUGA

Comezamos o curso co proxecto das Tartarugas; xa que despois de diferentes votacións decidimos poñer o nome da Clase das Tartarugas. Neste intres estamos na procura de información, os nen@s están achegando á aula traballos fermosísimos, libros moi interesantes, debuxos moi bonitos,... e así iniciamos a a investigación.


Ademáis tivemos unhas visitas moi especiais, Pepa e Tamara quixeron estar presentes na nosa aula, ¡¡descubrimos que ámbalas dúas eran femias!!:


-->