miércoles, 26 de mayo de 2010

PROXECTO DAS PRANTAS

Para iniciar o proxecto os nen@s trouxeron un montón de sementes (pipas de xirasol, pipas de cabaza, claveis, clavelón da india, taxetes, xeranio, garabanzos, lentellas, fabas,...) que decidiron prantar no horto, na clase en macetas que fixeron de barro e en tarrinas de queixo fresco.


VISITA A ALDEA NOVA

Nesta excursión fixemos un montón de actividades, traballamos no horto, regando, limpando as herbas, recoñecendo diferentes plantas aromáticas, estivemos dándolle de comer aos animais, amasando pan, fixemos uns boliños preñados e figuras de animais coa masa e tamén estivemos dentro dun planetario a través do cal nos achegamos ás estrelas,...

Posted by Picasa

martes, 18 de mayo de 2010

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2010

O día 13 de maio en conmemoración das letras galegas, este ano adicadc a Uxío Novoneyra, os nenos de 5 anos acordamos representar unha obra de Benardino Graña, Rata linda de Compostela. É unha adaptación da ratiña presumida pero contextualizada en Santiago, escollimos este conto en honor ao ano Xacobeo no que estamos. Espero que disfrutarades tanto coma nós e que vos gustara moitísimo.