Durante o segundo trimestre estivemos traballando sobre o proxecto do corpo humano, resultou moi interesante e os nenos e nenas implicáronse moitísimo xa que achegaron á clase un montón de información da que hoxe dispoñen a través de contos, DVDs, enciclopedias, esqueletes en tamaño natural,... A continuación vou expoñer algunhas das fotos das diferentes actividades que realizamos:
Fixemos murais do esquelete, dos músculos, do aparato dixestivo, respiratorio, circulatorio,...
Tamén fixemos actividades de relaxación:
Do mesmo xeito traballamos os cinco sentidos: