sábado, 30 de enero de 2010

O DÍA DA PAZ

VISITA DUNHA FARMACEÚTICA

Esta semana veu a clase a facernos unha visita a farmaceútica Celia, contounos moitas cousas do súa profesión que non sabíamos, coma que moitos medicamentos se facían nas farmacias e para iso amosounos un montón de frascos e utensilios que antes si se empregaban . Tamén nos deixou un agasallo que nos encantou, ¡moitas gracias por adicarnos un ratiño do teu valioso tempo e ata sempre!.


miércoles, 20 de enero de 2010

UNHA NAI ENFERMEIRA

O pasado venres día 15 de Xaneiro tivemos una visita sorpresa da nai de Carla vestida co uniforme de traballo. Foi moi enriquecedor e divertido, xa que escoitamos o corazón, xogamos a Pita Cega colocando os pulmóns, o aparato dixestivo e o cerebro nun esqueleto . Ademáis agasallounos con mascarillas, gorros e calzas coas que podemos disfrazarnos e xogar a médicos/as e enfermeiras/os. ¡Moitas gracias pola túa axuda e dedicación!